VacaLoura
O corazón do gravel en Galicia
Na Terra Chá, cada quilómetro é unha sorpresa. En cuestión de minutos, pasas de pistas de terra compacta a treitos de grava solta, de sendeiros de bosque a camiños de pedra rota, de chairas rápidas a subidas esixentes.
Aquí, o gravel non é unha disciplina, é unha experiencia cambiante que che esixe, che reta e te namora.
Poucas zonas ofrecen tanta diversidade de terreos en tan pouco espazo.
Pedalea pola Terra Chá e descubre que en cada curva…
o chan cambia… pero a emoción medra.
Terra Chá
Terra Chá é unha das comarcas máis extensas e singulares de Galicia. Situada no norte da provincia de Lugo, abrangue os concellos de Vilalba, Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, A Pastoriza, Guitiriz, Outeiro de Rei e Rábade. Caracterízase polas súas amplas chairas, a súa paisaxe aberta, os bosques autóctonos e unha forte identidade rural.
Un paraíso de camiños e estradas
Máis alá do seu valor natural, a Terra Chá é tamén unha terra con historia. Durante o século XX foi obxecto de diversos procesos de colonización agraria e reordenación do territorio, impulsados por organismos públicos que buscaban modernizar o campo galego. Isto deu lugar a unha rede moi extensa de camiños parcelarios e estradas secundarias, concibidas inicialmente para dar acceso ás explotacións agrícolas, pero que hoxe constitúen un recurso excepcional para a práctica do ciclismo.
Esta estrutura de comunicación, unida á baixa densidade de tráfico e ao carácter tranquilo da comarca, converte a Terra Chá nun auténtico paraíso para o gravel: quilómetros e quilómetros de camiños tranquilos entre natureza, historia e tradición.
Clima e temperatura: un valor diferencial
A diferenza doutras rexións españolas onde a calor extrema limita a práctica do gravel, a provincia de Lugo e, en concreto, a Terra Chá, goza dun clima suave e equilibrado durante gran parte do ano.
Os veráns son temperados, con temperaturas medias que rara vez superan os 30 ºC. Durante o verán, as temperaturas medias oscilan entre os 24 e os 27 ºC, moi por debaixo dos valores que se rexistran noutras rexións do sur ou do interior peninsular. Ademais, as noites son frescas, e a humidade moderada contribúe a unha maior sensación de confort.
Isto converte a zona nun destino idóneo para a práctica do gravel durante todo o ano, mesmo cando noutras zonas do país esta práctica se volve inviable polas condicións climáticas.
Programa
16:30-20:30 – Recollida de dorsais
7:30 a 9:00 – Apertura da Oficina Permanente
9:00 – Peche da entrada de participantes á zona de saída.
9:10 – Chamada á zona de saída.
9:15 – Presentación de participantes invitados e formación de caixón de saída competitiva (só ruta longa).
9:16 – Formación de caixón de saída cicloturista (ruta longa) e a totalidadade da ruta curta.
9:25 – Corte protocolario da cinta.
09:30 – Saída caixón competitivo (só ruta longa).
09:31 – Saída caixón cicloturista (ruta longa) e a totalidadade da ruta curta.
11:21 – Chegada estimada do primeiro participante da Ruta Curta.
12:50 – Chegada estimada do primeiro participante da Ruta Longa.
15:04 – Chegada estimada do último participante da Ruta Longa.
14:00 – Entrega de premios.





